UN COMPROMISO IMPRESCINDIBLE COS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU

Promovemos acordos de colaboración con referentes galegos en xestión medioambiental que permítennos compensar o noso impacto no medio a través de proxectos sostíbeis integrais, nos que á pegada de carbono únense aspectos coma os recursos hídricos ou a educación ambiental

Implementamos medidas correctoras previas na produción, utilizando infraestrutura e materiais promocionais alugados ou reutilizados cada ano, feitos con materiais reciclados, FSC ou libres de PVC

Facemos plans específicos para minimizar o impacto ambiental do público (traslados, comidas, residuos…) e sempre contamos con sedes accesibles e tentamos usar electricidade galega de fontes renovables

E a inclusión e a perspectiva de xénero están no centro de todas as nosas decisións, desde o equipo ata a programación, cunha porcentaxe de mulleres nunca inferior ao 50%