Música, Visuais & Gastronomía


Na fin de semana do San Xoán, durante as xornadas do Pro, con protagonismo galego e feminino nun momento singular de pausa do festival grazas a Cervezas Alhambra

Venres 24 Xuño, 20:30-01:00
Sábado 25 Xuño, 14:30-15:30
Sábado 25 Xuño, 20:30-01:00
Domingo 26 Xuño, 14:30-15:30

Studio Follow

 

Entrada gratuíta

 

Venres
20:30-01:00

Viktor Flores
Proyecto Inopia
Juait


Viktor
Flores

Xornalista e DJ, en doce anos de carreira pasou por diversos estilos da electrónica (house, techno…), abanderando desde 1996 o hoxe popular son minimalista centroeuropeo, combinado con discos atemporales de Chicago e Detroit, apuntamentos de dub, o pop máis electrónico, electro ou clásicos do son disco, EBM ou tecno-pop

Nigrán

instagram.com/viktorflores
Escoitar

Proyecto
Inopia

Co-fundadora do colectivo Twelve Inch e do selo Archaic Print Recs, propón unha viaxe onírica a través de harmonías e bombos coa súa electrónica horizontal e electro

A Coruña

instagram.com/proyectoinopia
Escoitar

Juait

Xove artista que se move entre o avant-garde, o breakbeat, a deconstrución dos ritmos latinos (dembow) ou o footwork

Santiago

instagram.com/sk_juait
Escoitar


Sábado
14:30-15:30

Fatfish


Fatfish

O veterano DJ, curtido en decenas de cabinas e mostradores de tendas de discos, é responsable de Modulartec e conta cunha ampla e sempre sorprendente selección de downtempo, afro disco

A Coruña

instagram.com/fatfishingram
Escoitar


Sábado
20:30-01:00

Russ
Jean Fixx
Lemourh


Russ

Compostelá ben consolidada na escea de clubes e festivais galegos a través da súa proposta de electrónica maridadada con sons tropicais, breaks e UKG

Santiago

instagram.com/russinha__
Escoitar

Jean
Fixx

Artista visual, vídeo-creador e músico, recala na pulsión musical electrónica, que viaxa do techno ultra orgánico á hipnose ambient, inducidas por sonoridades afiadas de magnética voluptuosidade apolínea

A Coruña

instagram.com/jeanfixx
Escoitar

Lemourh

Artista multidisplinar coruñés, un dos máis relevantes da nova escea queer galega, nos seus sets mostra unha transformación continua cara novos ritmos, onde a principal intención é o movemento

A Coruña

instagram.com/lemourh
Escoitar


Domingo
14:30-15:30

Isaac Peces


Isaac
Peces

DJ e coleccionista habitual de numerosas cabinas locais, nacionais e con diversas incursións fora de España, con especial devoción por tódalas variantes dos sons negros e de raíz

A Coruña

instagram.com/isaacpeces
Escoitar